Espinosa aposta pola ecoloxía como valor engadido para as empresas

    espinosaenboiro_100_190109.jpgBOIRO> A ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, participou na primeira das xornadas do Foro Empresarial Boirés.

    {flowplayer}barbanza/espinosaenboiro.flv{/flowplayer}

    Ante un nutrido aforo, na súa maioría empresarios e políticos da comarca do Barbanza, a ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, foi a encargada de abrir este Foro Empresarial Boirés. A súa presenza en Boiro respondía unica e exclusivamente ó interese da ABE en proporcionarlle ós seus asociados un espazo para o debate riguroso e sinceiro.

    Desenvolvemento sostible

    Cunha conferencia que levaba por título ‘Medio Ambiente e desenvolvemento sostible: oportunidades e retos para a empresa galega do século XXI’, a máxima responsable de Medio Ambiente, fixo fincapé en que as empresas e os empresarios, chamados a ser competitivos no futuro, deberán incorpora-la ecoloxía coma un activo e un principio empresarial. 

    Neste sentido a Elena Espinosa destacou que o primeiro obxectivo do seu Ministerio é poñer en marcha un novo modelo de xestión cuxa prioridade sexa a compatibilidade entre o desenvolvemento económico e o equilibrio ecolóxico, asumindo a defensa do patrimonio natural e a biodiversidade como unha responsabilidade política de primeira orde.

    Baixo esta orientación, Elena Espinosa explicou as principais liñas políticas do seu departamento baseadas na necesidade de loitar contra o cambio climático, impulsar medidas de calidade ambiental e acadar un pacto de Estado sobre a auga.

    Unha vez rematada a conferencia abriuse unha rolda de preguntas no público. Así foron varios os asistentes que decidiron realizarlle algunha cuestión á ministra como a preocupación existente ante unha nova catástrofe como a do ‘Prestige’, ou a situación de crise económica que estamos a padecer na actualidade.

    Redacción Barbanza