MEIS> A alcaldesa de Meis respondeu as acusación do alcalde Vilanova de querer pechar o albergue da Armenteira. Marta Giráldez considera que Durán fai o ridículo coas súas mentiras e advírtelle que non lle permitirá que ataque aos negocios e veciños de Meis.
No día de onte o alcalde de Vilanova acusaba a alcaldesa de Meis de non querer abrir o albergue da Armenteira. Ademais aconsellaba aos peregrinos novas áreas de descanso en Poio ou Ribadumia. As declaracións non sentaron nada ben no municipio do mosteiro. A alcaldesa asegura sentirse ofendida e saíu ao paso para desmentir estas acusacións e considera que Durán fai o ridículo coas súas mentiras.
A alcaldesa de Meis mandou un mensaxe a Durán advertíndolle que non lle permitirá que ataque nin aos negocios nin aos veciños de Meis.
Segundo a alcaldesa, o que aconteceu co albergue foi que o concello denunciou o convenio que tiñan coa Asociación Amigos do Camiño para facerse coa xestión directa do hospedaxe. Giráldez engade que agora legalizouse a situación do albergue, deuse de alta na rede de albergues turísticos de Galicia e se aprobaron as ordenanzas correspondentes para o seu uso. A alcaldesa garante que o albergue abrirá o vindeiro 1 de xullo.
O albergue será atendido por unha traballadora municipal. As instalacións contan cunha capacidade para 22 persoas. Unha ocupación que ser verá reducida ao 50% para cumprir coas medidas da consellería de sanidade.