O Náutico conta cunha prórroga de Portos para rematar os pantaláns

    SANXENXO> O Náutico de Sanxenxo conta con permiso ata abril para rematar a instalacións dos novos pantaláns fronte ás praias de Panadeira e Os Barcos. Portos de Galicia tería concedido unha prórroga de catro meses á entidade para que remate a obra ó contar con tódolos permisos precisos e con autorización xudicial. Mentres, os veciños da plataforma SOS Panadeira volveron á zona para intentar obstaculizar os traballos. Volveron as máquinas ó porto de Sanxenxo e con eles os integrantes de SOS Panadeira que se opoñen á construción dos novos pantaláns do Náutico. A entidade retomou onte os traballos ó contar cos permisos precisos e ó parecer, Portos teríalle concedido unha prórroga de catro meses, é dicir, ata abril, para concluír a actuación. A manobra espertou de novo as iras dos veciños, concentrándose na zona nun intento de atrancar os traballos. Din non entender como se pode retomar unha actuación cando aínda está pendente o recurso que o concello presentou contra o proxecto. É máis, o propio goberno local vén de anunciar que actuará contra esta reanudación das obras. De feito, informan de que xa solicitaron información a Portos para confirmar a existencia desa prórroga. Mentres, seguen a compilar informes para rebater a viabilidade destes pantaláns, agora un documento pericial no que advertiría do impacto ambiental negativo que se derivará da instalación destas plataformas, tanto no uso público e turísticos das praias dos barcos e Panadeira como no seu entorno inmediato, advertindo en concreto do aumento de risco de contaminación por hidrocarburos e derivados. Este documento, encargado polo executivo local a un gabinete especializado en xestión de recursos medioambientais, xa se incorporou á demanda interposta contra as resolucións de Portos que deron o visto e prace á actuación. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/19/RETOMANOBRASPANTALAN.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/19/RETOMAN_OBRAS_PANTALAN_SANXENXO.mp4{/flowplayer}