O BNG de Vilagarcía desprega unha pancarta a prol da retirada da cruz falanxista de Santa Eulalia

VILAGARCÍA> En Vilagarcía, o BNG insiste na retirada da simboloxía franquista que aínda queda na cidade. Os nacionalistas despregaron esta mañá unha pancarta sobre a cruz falanxista da igrexa de Santa Eulalia. A igrexa autorizou a súa retirada hai anos, pero o símbolo continúa alí. O Bloque acusa ó goberno local de inacción.

O BNG insiste na necesidade de recupera-la memoría democrática en Vilagarcía. Esta mañá, os nacionalistas levaron a cabo unha acción reivindicativa na cruz falanxista da igrexa de Santa Eulalia, un dos símbolos da ditadura que aínda quedan na cidade.

No Bloque culpan ó goberno local de que este símbolo franquista aínda siga aí. Lembran que dende o 2004 hai un acordo no que a igrexa dá o seu visto bo para a súa retirada.

Indican que, máis alá desta cruz, en VIlagarcía aínda quedan outros elementos falanxistas que tamén hai que eliminar. Incluídos varios nomes de rúas.

O BNG levará unha iniciativa ó vindeiro pleno e tamén vai contactar cos distintos colectivos sociais e culturais da cidade, co obxectivo de recoller apoios, individuais ou de colectivos, a prol da retirada dos vestixios do franquismo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí