A Copa de Europa volverá a Pontevedra o 17 de maio

triatlon250_210109.jpgPONTEVEDRA> A Casa das Campás acolleu esta mañá a presentación da proba da Copa de Europa de Triatlón que organizará Pontevedra por segundo ano consecutivo. A competición desenvolverase o Día das Letras Galegas.

{flowplayer}images/salnes/CopaTriatlon_210109.flv{/flowplayer} 

A Copa de Europa de Triatlon voltará por segundo ano consecutivo a Pontevedra. Haberá que agardar ata ben entrada a primavera, o 17 de maio, día no que se agarda que a climatoloxía sexa mellor que a do ano pasado.

Hoxe na Casa das Campás, o gañador da pasada edición, o ferrolán afincado en Pontevedra, Javier Gómez Noya, confirmou a súa presencia na proba, pese a que sete días antes estará competindo en Singapur, na outra punta do globo. O triatleta galego dixo sentirse con moitas gañas de adicarlle de novo a victoria ós seus veciños pontevedreses.

Xunto a Gómez Noia estiveron presentes diversas autoridades políticas, como o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, Marta Souto, da Dirección Xeral para o Deporte e a Conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, que asegurou que dende a Xunta  vaise seguir traballando na mesma liña para que Pontevedra poida acoller unha proba de maior importancia no futuro.

Os presidentes das fedracións española e galega de triatlon reseñaron que o circuíto non sufrirá modificacións con respecto ó do 2008. Tan só se farán uns pequenos retoques no tramo a nado, nos pontóns e na marcación de laterais.

Redacción Salnés