O Est. Otero suma unha victoria que lle dá tranquilidade

tenisdemesa250_210109.jpgCAMBADOS> O Establecimientos Otero acadou unha importante victoria na última xornada disputada, a undécima. Os cambadeses impuxéronse ó Figueres e colócanse nunha posición bastante cómoda na xeral.

Importante victoria do Establecimientos Otero de cara á súa salvación na División de Honra Nacional, primeiro obxectivo este ano. Os cambadeses superaron a un complicado rival como o Tramontana Figueres en San Tomé e ademais con remontada incluida.

As derrotas nos individuais de Enseñat e Barreiro puxeron un marcador adverso de 2-3 a falta de dous encontros individuais. Pero con serenidade e confianza, Liu Junhui fixo ás táboas sueprando a Jordi Piella e Jacobo Enseñat rematou a faena ante Pau Gaju. Agora quedan istalados en metade da táboa con seis victorias en once partidos. O apretada que está a xeral fai que tan só os separe unha victoria do segundo clasificado e dúas do descenso. A vindeira semana visitarán a cancha do penúltimo clasificado, o Ripollet.

Mentres, en Segunda Nacional Masculina o Grupo Barros continúa a pasearse e sumou a súa décima victoria da temporada noutros tantos partidos. Os xogadores do Mercantil non foron rivais para Ñajo, Hasek e Fernando Padín, que lles endosaron un contundente 0-4, polo que continúan imparables cara a fase de ascenso.

Todo o contrario sucédelle ó Joyería Enrique que non sabe aínda o que é vcencer este ano. Desta volta perdeu co Vincios, segundo da xeral, por 4-0.

Por outra banda, en Primeira División Femenina o Caixanova tivo que traballar duro para traerse a victoria de Santander. Venceron por 3-4 ó Antonio Mendoza polo que respiran un pouquiño na xeral antes de visitar ó líder Dubratambre.

Ademais, en Primeira Galega o Caixa Galicia caeu co Vincios por 4-2, polo que se complica moitísimo a súa presencia na fase de ascenso. Na Segunda Autonómica, o Monteporreiro impúxose ó Insucarpi por 4-3 nun encontro moi igualado.

Redacción Salnés