A gabarra encallada en Corrubedo terá que ser trasladada por terra

    gabarracorrubedo_100_210109.jpgRIBEIRA> Numerosos curiosos séguense achegando ata Corrubedo para observar e mesmo fotografa-la gabarra que onte encallaba nunha zona rochosa.

    gabarracorrubedo3_200_210109.jpgO suceso producíase na madrugada do pasado luns cando a embarcación se desprendeu do remolcador que a trasladaba, por mor do temporal no mar. Polo de agora non se puido proceder á súa retirada posto que a embarcación presenta unha rotura na proa que fai inviable o seu traslado por mar, sobre todo nas condicións adversas motivadas polo forte temporal.

    Traslado por terra

    gabarracorrubedo2_300_210109.jpgFontes de Protección Civil informaron de que o operativo se realizará con toda probabilidade por terra. Mentres tanto, o barco continuará na zona xa que, segundo informou Salvamento Marítimo, non existe risco algún de contaminación xa que a embarcación non levaba ningún tipo de combustible.

    Redacción Barbanza