Pontevedra deseña un plan de restricións do tráfico para o domingo pola Copa do Mundo de Tríatlon

PONTEVEDRA> Esta fin de semana, Pontevedra afronta a proba deportiva máis importante do ano. A cidade acolle a Copa do Mundo Pontevedra-Xacobeo de tríatlon, que exerce como antesala da Gran Final das Series Mundiais do 2023 que tamén se celebrará no municipio. Nas rúas pontevedresas competirán os vindeiros medallistas olímpicos e campións do mundo. A Copa do Mundo será o domingo. Comezará ás 10.15 da mañá coa carreira elite feminina. A proba elite masculina será a partires das 13.15.

Dende logo, trátase dunha importante cita para Pontevedra e a cidade xa ten todo preparado para que na xornada do domingo a proba deportiva conviva co día a día da cidadanía. A Policía Local ten previsto un amplo dispositivo para garantir a circulación e a seguridade de atletas e veciños. Con cortes de tráfico no casco histórico e na zona entre a Ponte das Correntes e a dos Tirantes.

Este domingo, Pontevedra volverá ser o escenario dunha proba internacional de tríatlon. A Copa do Mundo celebrarase na cidade e a súa organización precisa dun amplo dispositivo que afectará ao tráfico. Con cortes sobre todo na zona norte da cidade.

A Copa do Mundo celebrarase entre as 9 da mañá e as 3 e media da tarde. A continuación celebrarase o Tríatlon Cidade de Pontevedra, en clave local, entre as 3 e media e as 8 e media. Esta terá menor incidencia no tráfico. Así as cousas, os veciños xa foron avisados das restricións, e a Policía Local habilita o seu teléfono, 986 833 080 para calquera consulta.

A cita deportiva coincide ademais cunha data marcada en vermello para os pontevedreses e os veciños da contorna: as festas do Santiaguiño, que se celebrán no Recinto Feiral. O acceso en coche estará limitado. Os peóns, pola contra, terán vía libre.

O dispositivo afecta tamén aos aparcadoiros disuasorios. Estarán pechados o da zona do parking de autocaravanas, en Alexandre Bóveda, o do Recinto Feiral e o do Burgo, o que se sitúa diante do Pavillón Municipal. Un deles servirá ademais de espazo para a tirada de fogos polas Festas do Santiaguiño que se fará á medianoite.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí