O caso Diana Quer estará un mes máis baixo segredo de sumario

     

    Normal 0 21 false false false ES-TRAD X-NONE X-NONE

    RIBEIRA> O Xuíz de Ribeira decide prorrogar o Segredo de Sumario no caso da desaparición de Diana Quer un mes máis. Cando se van cumprir 3 meses desde que se lle perde a pista á moza na Pobra, os investigadores terían xa accedido ó 70 por cento da información do seu teléfono móbil, aparecido hai tres semanas.

     

     

     O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia informaba esta mañá de que o novo titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Ribeira, que leva o caso da desaparición da madrileña Diana Quer, Felix Isaac Alonso González, decidiu prorrogar o segredo sumarial das actuación un mes máis. É dicir, ata o 20 de decembro, posto que o prazo vencía este domingo día 20. Alonso Peláez, que  anteriormente estaba en Girona, tomou posesión da praza este mesmo luns, tralo traslado a Betanzos da primeira xuíza que se encargou da instrución deste complexo caso. Sobre a evolución da investigación volveu falar este venres o delegado do gobenro na Xunta, Santiago Villanueva, quen afirmou que “evoluciona” no tocante ó acceso á información do teléfono móbil de Diana, atopado por un mariscador boirense o pasado 27 de outubro baixo a ponte da Autovía do Barbanza, entre Cespón e Taragoña. Sobre este tema, o xornal El Mundo publica hoxe que a Garda Civil tería recuperado xa o 70 por cento da información almacenada na memoria do smartphone da moza. Aínda que unha cousa, é a recuperación e outra poder acceder á información, tal e como explicou o delegado do Goberno.Cando se van cumprir tres meses desde a desaparición de Diana, cando saía celebrar as Festas do Nazareno na Pobra, localidade de veraneo da madrileña coa súa familia, VIllanueva afirma tamén que hai unha evolución no referente ás declaracións das testemuñas, e que agarda, que este misterioso caso, se resolva pronto.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/18/novidades_caso_diana_quer_181120161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/18/novidades_caso_diana_quer_18112016.mp4{/flowplayer}