Vía libre para a construción do parque acuático de Meis

MEIS> Vía libre ó parque acuático de Meis. Os promotores do proxecto xa contan con tódolos permisos municipais. Agora, o goberno local iniciou os trámites para sacar a licitación o novo bombeo. Segundo a alcaldesa, están á espera de asinar un convenio coa Xunta para financiar parte dese proxecto, tal como se anunciou en campaña por parte do anterior executivo local.

O parque acuático de Meis, agora si, está a piques de ser unha realidade. Á parcela de Penente xa comezaron a chegar os materiais para inicia-la obra, con vistas a que estea rematada o vindeiro verán. No Concello xa se presentou toda a documentación e xa foron aboadas tódalas taxas. A promotora ten xa vía libre para inicia-los traballos.

O concello está agora a traballar na construción dunha nova estación de bombeo. A infraestrutura dará servizo ó parque e tamén ós veciños da contorna. O expediente administrativo para este proxecto xa está inciado. A actuación está valorada en 300.000 euros. Na campaña electoral das municipais a Xunta comprometeuse a achegar un terzo desa contía.

Outra matería tamén pendente é o futura acceso ó parque, situado nunha canteira abandonada á que se acceden por pistas.

A alcaldesa explica tamén que non ten ningún tipo de información sobre a bolsa de emprego lanzada polo anterior executivo. Advirte que o Concello non é o encargado das contratacións no parque. Con todo, di a rexedora, tentarán que a empresa acaba dando traballo ós veciños do municipio.