O PSOE culpa a Fole de perder 1,6 millóns de euros para saneamento

    VILAGARCIA> A Voceira socialista de Vilagarcía, Tania García, ven de cargar as tintas contra o Goberno de Vilagarcía e o seu Alcalde Tomas Fole

    {flowplayer}images/salnes/psoe_fondos_feder_080612.flv{/flowplayer}

     …. e contra á Deputación de Pontevedra e o seu presidente Rafael Louzán. O obxecto da discordia neste caso é a perda dunha subvención europea, a cargo dos fondos FEDER, que eles cando estaban no poder deixarán solicitada e que por desidia dos dous executivos actuais se perdeu. A cantidade necesaria para a actuación de Nova Canloización do regueiro Santa Mariña no entorno da rúa Matosinhos era de 1,6 millóns de euros, que ó proceder o Concello a solicitala pola Deputación no canto de directamente, accedía a un porcentaxe menor por parte do Consistorio.

    O problema residiu na tramitación do expediente. García, daquela edil de Xestión do Territorio, asegura que deixaron todo feito, e desde aquel entón nin a Deputación moveu ficha, nin o actual alcalde vilagarcián se interesou polo proxecto, a pesares de coñecelo de primeira man.

    Desde o PSOE aseguran que toda a documentación fora presentada en tempo e forma cando eles gobernaban. Porén, co cambio de goberno, a Deputación nunca chegou a pedir o proxecto técnico para esta actuación. Esta denuncia socialista estaba preparada antes da chuvia dos últimos días.

    Malia seren escasas a rede de sumidoiro xa volveu a desbordar neste punto lindeiro a tres centros educativos; razón pola cal se fai tan necesaria esta infraestructura tal e como demandan urxentemente desde a Asociación Veciñal a Xunqueira.

    Redacción Salnés