Sanxenxo e Cambados miden forzas o domingo no Revel

SALNÉS> Na Terceira, o Portonovo visita ó Bergantiños mentres que o Vilalonga recibe na casa ó Rápido de Bouzas. A Preferente Sur deixaranos un derbi no Revel, onde Sanxenxo e Cambados medirán as súas forzas.

O Portonovo busca darlle continuidade á súa boa xeira de resultados fóra da casa ante o Bergantiños, un rival directo a día de hoxe pola salvación. Un encontro dobremente importante xa que de gañar os de Jacobo Molina reducirían a un punto a distancia cos de Carballo. De suceder o contrario, a diferencia sería xa de sete. Un campo que nos últimos anos non se lle deu mal ó Portonovo que nas últimas tres visitas venceu dúas veces e empatou noutra.

Outro rival directo vaise atopar o Vilalonga. O Rápido de Bouzas visita San Pedro tras perder os seus últimos dous partidos. Os de Gabi Leis levan catro sen perder aínda que esta semana terán que xogar sen un dos seus grandes referentes, Tachi, que está sancionado.

Na Preferente Sur o Cambados mide a súa recuperación diante do equipo máis en forma da competición, o Sanxenxo. Un derbi no que se xogan máis os de Ángel Oliveira, que queren comezar a despegarse da zona baixa da xeral. Para os locais, todo o contrario, buscan afianzarse no grupo de cabeza. Calucho non poderá sentarse no banquiño mentres que Cidrás tamén está sancionado e Minso e Breixo son baixa. No bando visitante Camilo Vila e Koeman son ausencia obrigada.

No Céltiga, Rial recupera para esta xornada a Darío, Beni e Víctor Uhía, unha vez estes cumpriron a súa sanción. Reciben ó Rápido Bahía, un equipo capaz do mellor e do peor. Arrancou con sete victorias en oito partidos e agora encadena catro derrotas seguidas.

O Ribadumia precisa sumar de novo despois de tres semanas sen gañar. O campo que visita non é o máis propicio para traerse os puntos, o José Argiz, do Verín. Iso sí, os ourensáns, con catro derrotas consecutivas, están tamén de capa caída.

Mentres na Lomba, un Arousa á baixa tentará recuperar sensacións ante un difícil rival como o Barbadás, que é terceiro na xeral. Oliveira é baixa nos de Lino González.

Redacción Salnés