![]()
POBRA> O PSOE da Pobra critica a postura mantida polo executivo local á hora de escolle-los proxectos a incluír no Fondo Estatal de Inversión Local.
{flowplayer}barbanza/psoepobrainvestimentos.flv{/flowplayer}
Dende as filas socialistas lamentouse a decisión tomada polo executivo local de non consensuar co resto dos grupos políticos con representación municipal as obras a incluír no Fondo Estatal de Inversión Local. Segundo os membros do PSOE pobrés esta era unha boa ocasión para que equipo de goberno que preside Isaac Maceiras amosara a súa disposición ó diálogo.
Os membros do PSOE pobrés critican ademais as razóns polas que, a día de hoxe, aínda non se lles informou dos proxectos elixidos con cargo a este plan.
Redacción Barbanza










