Presentada a III edición do Torneo de Fútbol 8 Campus Puebla FC

POBRA> O campionato desenvolverase no estadio municipal da Alta os días 30 e 31 de maio e estará dirixido ás categorías prebenxamín, benxamín e alevín. Hai uns días presentábase no concello a terceira edición do torneo de fútbol 8 ‘Campus Puebla Fútbol Club’ que terá lugar a última fin de semana de maio, o sábado día 30 e o domingo 31. o campionato está enfocado ás categorías prebenxamín, benxamín e alevín. Na primeira delas tomarán parte un total de 16 equipos, na segunda 17 mentres que na terceira chegarase ós 24. nesta última categoría contarase ademais coa participación do Deportivo da Coruña e do Celta de Vigo, un feito que lle dará maior prestixio ó torneo. Unha semana máis tarde tocaralle o turno á categoría infantil. Será o sete de xuño coa participación dun total de 18 equipos, non que tamén estarán incluídos o Deportivo da Coruña e o Celta. Dende o concello pobrense destacron tamén a importancia deste campionato e o traballo que realiza o Puebla Fútbol Club de cara a promoción do fútbol na localidade e das categorías base.