RIBEIRA> O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma a condena a doce anos e medio de cadea á condutora do dobre accidente mortal de Palmeira. A sala confirma así a sentenza emitida pola Audiencia Provincial da Coruña, de acordo co veredicto do xurado popular, na que considera a Pilar Fernández culpable de dous delitos de homicidio doloso e un contra a seguridade viaria.
O accidente aconteceu en maio de 2019 cando o vehículo que conducía invadiu o carril contrario e colidiu frontalmente contra outro turismo na estrada comarcal AC-305 ó seu paso pola localidade de Palmeira no termo municipal de Ribeira.
Os dous ocupantes do outro coche faleceron no acto. A condutora circulaba a 130 km/h nun treito limitado a 70 e baixo os efectos do alcol e fármacos antidepresivos.











