Vivenda humanizará varias zonas do casco histórico de Combarro

    taboas_combarro_100_210109.jpgCOMBARRO> As obras consistirán na apertura do vial das Veigas e a urbanización do entorno da Igrexa de San Bernardo.

    {flowplayer}images/salnes/220109_taboas_en_combarro.flv{/flowplayer}

    A conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, e o alcalde de Poio, Luciano Sobral, percorrían esta mañá as zonas nas que se van a realizar estas obras de mellora. As actuacións forman parte dun convenio que as dúas administracións asinarán en breve, e para o que a Xunta reservou dous millóns de euros a investir durante o 2009 e 2010. Incluirán melloras en tres zonas de Poio, dúas delas localizadas en Combarro. Trátase por unha parte da apertura do vial das Veigas e a urbanización do entorno da Igrexa de San Bernardo, melloras nas que se investirán preto de 600 mil euros. Nestes momentos estase a rematar a tramitación administrativa do convenio, que incluirá tamén obras de humanización en Raxó e na parroquia de San Salvador de Poio.

    Luciano Sobral quixo agradecer á titular de Vivenda o traballo que a súa consellería leva realizando en Combarro ó longo dos tres últimos anos, sobre todo na rehabilitación de moitas zonas da parroquia. Unhas actuacións que segundo o rexedor están a servir para que os veciños se comprometan máis no coidado do entorno.

    Teresa Táboas salientou que estas obras beneficiarán ás empresas do municipio ó xerar postos de traballo, un fomento do emprego que, segundo a conselleira, se verá reforzado co futuro polígono industrial de Fragamoreira.

    Redacción Salnés