Vilagarcía desembarca en Fitur, pero fóra do stand de Galicia

VILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía desmárcase do stand de Galicia en Fitur e fará a súa presentación no de Turepaña. Ravella segue así os pasos da Deputación de Pontevedra, argumentando que deste xeito a cidade terá máis tempo para a súa presentación e un maior alcance. O Concello preparou unha campaña na que os veciños toman a palabra, falando das virtudes da que chaman ‘a cidade de Arousa’. Os representantes vilagarciáns tamén participarán activamente nas presentacións da Mancomunidad e manterán diversas xuntanzas, por exemplo, con distintos operadores chinenes.

Vilagarcía prepárase para o seu desembarco en Fitur peo vaino facer fóra do stand de Galicia. A presentación da cidade terá lugar en Turespaña, xunto coa do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, que abandonara o ano pasado o espazo da comunidade por un encontronazo coa Xunta. O alcalde vilagarcián di que o fan para ter maior proxección.

O goberno local di que nun primeiro momento petaron na porta da Xunta, pero que non houbo entendemento.

Deste xeito, o acto de Vilagarcía será o vindeiro xoves pola tarde. Presentarase como “a cidade de Arousa” a través da voz dalgúns dos seus veciños.

Ademais, a cidade acompañará á Mancomunidade do Salnés nos seus actos. Ao mesmo tempo, a delegación vilagarciá manterá encontros con diferentes operadores, facendo especial fincapé no mercado chinés. Tamén, xunto co resto do organismo comarcal, manterán un encontro co concello de Logroño, coa vista posta no fomento do enoturismo entre ambos territorios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí