Difíciles compromisos esta xornada para Céltiga e Vilalonga

futbol250_230109.jpgSALNÉS> Bonita xornada a que se presenta na Terceira División, cun partidazo no Salvador Otero entre Céltiga e Alondras. Non menos interesantes serán o resto de encontros entre os que destaca o Cerceda Vilalonga.

O Vilalonga visita esta semana un dos campos máis difíciles da categoría, o Roxo, donde xoga os seus partidos como local un Cerceda en plena recuperación.

Trala victoria da semana pasada e pese ó mazazo da Copa Deputación, os de Gabi Leis queren seguir coa súa traxectoria ascendente. Os celestes acuden coas importantes baixas de Diego Blanco, lesionado, e Rubí e Adrián, que cumprirán partido de sanción.

No cadro de Suso Moure destaca a súa dupla atacante, cun xogador de altísimo nivel como Xaco na mediapunta e cun dos mellores dianteiros da Terceira Galega, Felipe.

O Portonovo pola súa parte recibe en Baltar ó Coruxo, coa necesidade de gañar dunha vez por todas. Os de Milucho abonáronse ó empate: dos últimos sete encontros só perderon un, pero é que non gañaron ningún. Tan só foi quen de vencer ó equipo vigués unha vez das oito que se enfrontaron na Terceira e foi alá pola temporada 86-87. Agardemos que se rompa a xeira.

Pola contra, o Arousa xoga nun campo que históricamente se lle deu bastante ben. Das cinco veces que visitou ó Somozas, arrincou tres triunfos. Laxes poderá contar con 16 xogadores xustos; pese a que durante esta semana varios deles pasaron por procesos gripais e arrastraron molestias musculares, o técnico prevé ter a todos á sua dispoisción, incluidos a Nelo e Fernando que voltarán á convocatoria. O que non estará seguro é Roberto. Esta semana soubose que terá que pasar por quirófano ó detectarlle, nunha resonancia, unha rotura no menisco.

O rival é un conxunto perigoso, ben armado e que xoga con moito descaro, aínda que está a sufrir numerosas baixas nas últimas semanas que merman o seu potencial.

O Céltiga recibe na casa a un candidato ó ascenso, o Alondras. Boa oportunidade para os de Josiño Abalde para engancharse cos postos de cabeza e de resarcirse da polémica derrota sufrida ante o Montañeros a semana pasada. O conxunto de Cangas arrastra unha boa xeira de resultados e pola súa forma de xogar convírtese nun conxunto máis perigoso fóra da casa. Santi Domínguez, na punta da lanza e o centrocampista Martín Leiro son os seus homes máis destacados, aínda que acuden coa baixa do seu central e capitán David Álvarez, lesionado con rotura de fibras.

Redacción Salnés