A ANPA do Amor Ruibal protesta pola falta de seguridade na N-550

    foto_manifa_barro_100_260109.jpgBARRO> Baixo o lema ‘Queremos atravesar sen ter que lamentar‘, preto de 70 persoas participaban onte na manifestación polas rúas do concello…

    {flowplayer}images/salnes/MANIFA EN BARRO.flv{/flowplayer}

    BARRO> Baixo o lema ‘Queremos atravesar sen ter que lamentar‘, preto de 70 persoas participaban onte na manifestación polas rúas do concello. Demandan ó Ministerio de Fomento a colocación de pasos de peóns e elementos que regulen o tráfico para evitar que os viandantes poñan en perigo a súa vida cada vez que queren cruzar a estrada.

    A seguridade na estrada nacional cincocentos cincuenta é practicamente nula. Así o denuncian a Asociación de Pais e Nais de alumnos do colexio Amor Ruibal de Barro, amais de tódolos veciños e mesmo o Concello. Para que se sitúen: A vía principal do concello divide o municipio en dous deixando a un lado as vivendas e a farmacia, e ao outro lado, a Casa do Concello, o Centro de Saúde, as tendas e o colexio. Para cruzar dun lado ao outro, non existen pasos de peóns, badéns ou semáforos que regulen o tráfico e permitan aos veciños atravesar a rúa sen perigo de seren atropelados. En outubro, remitiuse un escrito por parte da ANPA, ao Ministerio de Fomento, solicitando unha solución para este grave problema, pero aínda hoxe, seguen sen resposta.

    O concello, que apoia as reivindicacións de este colectivo, tamén remitira un informe á Demarcación de Estradas. Aí contemplábase a construción de tres rotondas e catro pasos de peóns para regular o tráfico, pero a proposta foi denegada por cuestións técnicas. Daquela, e logo de varias reunións, concretaron a data de onte, como a da primeira mobilización veciñal para reivindicar seguridade.

    Onte, aínda que non acompañaba nada o tempo, unhas setenta persoas participaron na manifestación polas rúas de Barro. ANPA, Veciños, alcalde e diversos representantes de todas as cores políticas estiveron apoiando esta reivindicación a Fomento. E mentres non haxa solucións, seguirán as mobilizacións. Aínda non está clara a data, pero cara a mediados de febreiro, podería haber outra manifestación, de non ter recibido ningunha resposta sobre a regularización do tráfico nesta vía. Aconsellados amais polo presidente da plataforma do proxecto PO 531, sería posiblemente un venres pola noite, pero aínda téñense que reunir para definir exactamente cómo proceder a próxima vez.

    Redacción Salnés