O PP leva ao Parlamento melloras na pesca artesanal

    CAMBADOS> O Partido Popular de Galicia busca apoios nos concellos ao seu plan para a pesca artesanal. O voceiro popular do mar, José Manuel Balseiro, fixo parada hoxe en Cambados. Xunto a Luis Aragunde, defendeu a importancia do plan para o concello, que busca mellorar a competitividade do sector e as condicións de traballo dos profesionais.

     

    O pleno do Parlamento autonómico do vindeiro martes debaterá un plan de apoio á pesca artesanal. O documento, deseñado pola Consellería do Mar, chega da man do grupo do Partido Popular.

    O plan está composto por seis medidas, dirixidas a mellorar a competitividade do sector e as condicións de traballo dos profesionais. Son a preferencia no acceso a axuas públicas, a posta en marcha dun plan de incorporación dos mozos para favorecer o relevo xeracional, a reactivación da instalación de sementes de moluscos, as melloras nos buques, o impulso ás marcas de calidade e Denominacións de Orixe e medidas relacionadas coa comercialización.

    José Manuel Balseiro presentou estas medidas na compañía de Luis Aragunde. Os populares escolleron Cambados como escenario por ser unha das máis significativas no ámbito da pesca de baixura.

    Para levar adiante o plan, os populares empregarán recursos do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca. Galicia será destinataria preferente destas axudas, chegando a recibir ao redor de 487 millóns de euros ata 2020.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/20/pesca_xunta_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/20/pesca_xunta_cambados.mp4{/flowplayer}