VILAGARCÍA> Esquerda Unida votará a favor dos orzamentos de Vilagarcía. A formación apunta que son unhas contas que non lle acaban de convencer, pero que van apoialas porque reservan unha partida para a compra da casa dos duques de Terranova, onde propoñen construír unha residencia de maiores. Juan Fajardo fala duns ‘malos orzamentos’, pero di estar disposto a facer o que haxa que facer para que ese proxecto sexa unha realidade, mesmo incluso que lle custe a súa representación no pleno.
‘Non, pero si’ de Esquerda Unida aos orzamentos de Vilagarcía para este 2026. A formación confirma que votará a favor das contas, aínda que non lle acaban de convencer.
A formación condicionaba o seu apoio a unha única cuestión: que nos orzamentos figurase unha partida para a compra da casa dos Duques de Terranova, onde propoñen construír unha residencia.
Un compromiso de Esquerda Unida que queren levar ata último termo, di Fajardo, custe o que custe.
A proposta de Esquerda Unida é, ademais da residencia, crear unha nova área verde pública nesa zona.
Nos orzamentos contémplase unha partida de 1,2 millóns de euros para a compra deses terreos. Os presupostos vanse votar no vindeiro pleno.











