Incautan 5 lanchas e varios motores na operación de droga ‘Tabaiba’

    operacion_tabaiba100_270109.jpgA CORUÑA> Continúa aberta a operación Tabaiba. Nos últimos días leváronse a cabo sete rexistros, catro deles en domicilios e tres en naves.

    operacion_tabaiba300_270109.jpgA CORUÑA> Continúa aberta a operación Tabaiba. Nos últimos días leváronse a cabo sete rexistros, catro deles en domicilios e tres en naves. Neles interviñéronse cinco embarcacións rápidas, numerosos motores, combustible, camións, grúas para sacar as lanchas ó mar, e un gran número de instrumentos de navegación.

    Ata o de agora os axentes da Policía Nacional detiveron a dous históricos narcotransportistas galegos, tras localizar unha embarcación con 122 fardos de cocaína, case 4 toneladas, nunha praia da Costa da Morte o pasado día 11. Ese día só puideron deter a Andrés García Gesto, un coñecido alixador da zona, membro dos Lulús, o clan máis importante de traficantes da Costa da Morte.

    Ó día seguinte caeu o cambadés residente en Ribadumia, Juan Carlos Fernández Cores, alias o Parido. No rexistro da súa vivenda atopábase escondido tralo armario do seu dormitorio. A policía apunta que o Parido dirixía a maior organización de lancheiros da Ría de Arosa e que os seus servizos eran demandados pola maioría de traficantes para introducir cocaína en Galicia.

    Redacción Salnés