A obra de Valle Inclán protagonista no día do seu 150 aniversario

    VILANOVA> Como cada 28 de outubro a Casa Museo de Valle Inclán, en Vilanova, acolle os actos en memoria do nacemento, deste xenio galego das letras.  Neste 2016 ademais celébranse os 150 anos do seu nacemento. Unha data sinalada en Vilanova que se celebrou cunha lectura continuada ao longo do día, dunha da súas obras: a Lámpara Maravillosa. 

     

    Deste xeito arranca este 28 de novembro en Vilanova de Arousa…AMBIENTE…Unha data importante para este municipio, que celebra este venres o 150 aniversario, dun dos seus veciños máis ilustres, Ramón María del Valle Inclán.

    Ler unha das súas obras e espallar entre novos e maiores as letras deste escritor é o mellor xeito de homenaxéalo no día do seu 150 aniversario. Por iso dende as 10h ata as 20h, levaráse a cabo na Casa Museo de Vilanova unha lectura pública e continuada da “Lámpara Maravillosa”

    Ademais de esta actividade, tamén se presentou esta data para presentar un conto infantil que narra a vida de Don Ramón María, na súa casa vilanovesa. Sen dúbida un día de celebración, no que os grandes protagonistas foron Valle Inclán e a literatura. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/28/aniversario_valle_vilanova_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/28/aniversario_valle_vilanova.mp4{/flowplayer}¡