VILAGARCÍA> A peor nova da fin de semana no terreo deportivo foi a derrota do Extrugasa ante o Estudiantes. As vilagarciáns perderon unha boa oportunidade para sumar unha victoria e pensar na salvación. O batacazo moral foi imporante e agora o futuro vese bastante negro.
Estrepitosa derrota do Extrugasa que non entraba nin nas previsións máis pesimistas (48-64). O encontro era unha final e perdeuse, e iso que o conxunto vilagarcián presentouse con tódalas súas xogadoras e foi quen de arrastrar á xente a un pavillón de Fontecarmoa que a piques estivo de encherse.
Pese a iso, víuse máis de mesmo. Un equipo ó que lle custa un mundo anotar canastra e ó que lle pesan demasiado as doce derrotas consecutivas. O sábado non foron quen de poñerse por diante no marcador en ningún momento, víctimas dun mal inicio que permitíu ás madrileñas irse oito arriba nos primeiros compases (4-12). Esa diferencia xa non foron quen de levantala.
Os erros en ataque foron innumerables, con perdas de balón e mala selección de tiro. Pese a iso, foron quen de reducir dfiferencias para marcharse seis abaixo ós vestiarios (28-34).
Pero o terceiro cuarto non mellororu as cousas. O atasco ofensivo foi total; metendo cinco puntos en catorce minutos é imposible gañar un partido. As madrileñas xogaron moito máis soltas e de xeito colectivo mentres que o Extrugasa era pura anarquía, lideradas por unha Iziane Castro que decepcionou. Os dous contra un sobre Tuukkanen plantexados por Nacho García, fulminaron o xogo interior.
As diferecnias foron incrementándose ata os 16 puntos finais que reflictiron a superioridade visitante. Ó Extrugasa non lle queda outra que seguir traballando para buscar unha milagre, xa que agora o separan tres triungos da salvación.
No baloncesto masculino tamén caeu o Inelga co Pas Piélagos (83-68). Os de Juan Espiñeira controlaron o encontro durante tres cuartos, impoñendo un ritmo lento ó xogo e obtendo rentas cercanas ós dez puntos. Pero nos últimos minutos os locais reaccionaron, secaron ó ataque vilagarcián e deixaron a victoria na casa. O Inelga continúa na zona perigosa da táboa.
Redacción Salnés