Álex Mañas, reforzo do Arosa ata final de temporada

VILAGARCÍA> O Arosa presentou esta mañá ó seu novo reforzo para o que resta de temporada. Trátase de Álex Mañas, xogador extremeño de 24 anos con experiencia en 2ªB e Terceira e que actúa de mediapunta. Podería debutar este mesmo domingo no derbi ante o Cambados.

{flowplayer}images/salnes/arosa_300311.flv{/flowplayer} 

Álex Mañas, natural de Badajoz, a piques de cumprir 25 anos e procedente do Diter Zafra, equipo da Terceira extremeña do que se desvencellou hai quince días por problemas de impago. Este é o novo reforzo do Arosa, un centrocampista de corte ofensivo que pode actuar en varias posicións e que ven a engadir calidade e competitividade ó plantel. 

Acumula dúas temporadas de experiencia na 2ªB e varias en Terceira. Incluso acudíu a algunha concentración da selección nacional en categoría sub-17. Unha fichaxe de renome que podería debutar o domingo ante o Cambados, pendentes claro da tramitación da ficha e do visto bo de Lino González. Iso sí, onte xa se adestrou e coñeceu ós seus novos compañeiros. 

A nivel económico dende o club aseguran que a fichaxe non trastoca para nada os seus plans. Ademais, xa anunciaron que nos vindeiros días farán efectivo o terceiro pago de 15.000 que se lles adebeda ós xogadores da 2008/2009.

Redacción Salnés