NOIA> Hai uns días presentábase no concello noiés a XXII edición da Travesía a Nado Solidaria entre o porto de Testal e O Freixo.
A proba, que terá lugar o vindeiro xoves 15 de agosto, coincidindo coa xornada festiva a nivel nacional, está organizada pola asociación ADECO DEA e o propio Concello.
Arrancará a partir das cinco e media da tarde dende o porto de Testal.
A proba non terá un afán competitivo. O que se busca é promocionar o deporte adaptado.
O número de prazas dispoñibles será de cen. As inscricións poden realizarse a través da páxina web de emesports.
Dende a organización agradeceron ás distintas casas comercias e entidades colaboradoras o seu apoio, xa que sen a súa axuda sería practicamente imposible poder levala a cabo.