VILAGARCÍA > O Extrugasa deu un paso de xigante para acadar a súa clasficación á vindeira edición da Eurocup. As vilagarciáns venceron ó Celta Vigourban a domicilio e mañá poderán sentenciar a eliminatoria en Fontecarmoa.
Xa se fixo o máis complicado. Agora toca rematar a faena. As viguesas saben que teñen dous matchball en contra que deben levantar se é que queren estar o vindeiro ano en Europa. O Extrugasa pola súa banda sabe que agora o ten todo de cara para poder sentenciar mañá coa afección do seu lado.
E é que a de onte foi sobre todo unha victoria moral. O Celta non perdera na segunda volta da Liga nin un partido coma local e as vilagarciáns non coñecían a victoria coma visitantes. E como as estadísticas están para rompelas, onte sucedeu así.
Como era de prever o nivel defensivo foi altísimo e ahí estivo a clave do encontro. Arrancaron máis acertadas as locais, que dispuxeron moi cedo de vantaxes no marcador aínda que nunca demasiado amplas.
O Extrugasa tivo o seu primeiro contratempo cando ó comezo do segundo cuarto víu como as súas dúas pivots titutalares, Kress e Ciudariene, tíñanse que ir ó banquiño cargadas de faltas. E o que semellaba ser un problema convertiuse nunha bendición. As interiores suplentes, Miriam e Katia da Silva, fixeron unha extraordianrtio traballo defensivo sobre as dúas xogadoras de maior perigo ofensivo das locias, Nichols e Mujanovic. Déronllela volta ó marcador e fóronse seis arriba ó descanso.
Xa non volverían a deixar o mando do encontro pese a pasar por unha pequena crise anotadora no terceiro cuarto. No último período Asurmendi e Sara Gómez apuntalaron dende o perímetro e as distancias comezaron a ser superiores ós dez puntos. Ó final 61-71, 0-1 para as vilagarciáns que terán dúas oportunidades para sentenciar a eliminatoria e o seu pase á Eurocup. A primeira, mañá en Fontecarmoa a partires das 21:00.
Redacción Salnés