Monte da Vila acolle o torneo de Nadal Concello do Grove

baloncesto250_281209.jpgGROVE> Nesta ocasión entran en liza catro equipos de baloncesto en categoría cadete que competirán nunha liguiña ata o mércores.

O Club Baloncesto O Grove coa colaboración das concellerías de turismo, xuventude e deporte, organizan estes días o seu torneo de Nadal. Se na pasada edición foi xuvenil, no que participaron as seleccións de Nova Zelanda, Rusia, España e un combinado local, desta volta os equipos serán cadetes, rapaces de entre 14 e 16 anos.

Entre os participantes unha selección de Portugal, outra Galega e a de O Grove, deberán medirse ó San Agustín, madrileño, equipo que actúa como filial do Real Madrid. Un cartel á altura que confirma a consolidación do torneo.

O Grove e Galicia tiñan que abrir o torneo esta tarde ás cinco, e ás sete medíanse Portugal e San Agustín. Ambos partidos foron aprazados ata mañá pola mañá polo mal estado do pavillón, impracticable pola condensación e humidade. Os encontros están programados o primeiro para mañá ás 10:30 e o segundo inmeditamente despois.

Pola tarde ás 17:00 San Agustín-O Grove; Galicia-Portugal ás 19:00  mentres que o mércores xogarase a derradeira xornada co primeiro partido ás 10:30 e o segundo ás 12:30. A entrada é de balde.

Redacción Salnés