![]()
PONTEVEDRA> Os seis GDR de Pontevedra integrados no Programa Leader recibirán máis de 31 millóns de euros de fondos públicos.
{flowplayer}images/salnes/270109_convenio_leader.flv{/flowplayer}
PONTEVEDRA> Os seis Grupos de Desenvolvemento Rural de Pontevedra integrados no Programa Leader recibirán máis de 31 millóns de euros de fondos públicos. O convenio, asinado esta mañá polo conselleiro de Medio Rural e os presidentes dos colectivos, permitirá dinamizar os sectores agrario, gandeiro e forestal da provincia.
O Programa Leader 2007-2013 nace co obxectivo de dar un novo impulso á actividade agrogandeira e forestal en Galicia, á vez que busca un reparto do investimento público máis organizado e equitativo. Para iso, as diferentes sociedades e entidades agrarias de Galicia tiveron que agruparse territorialmente e presentar proxectos de desenvolvemento produtivo. En total constituíronse na comunidade 31 grupos, seis deles na provincia de Pontevedra.
Uns colectivos que, segundo o director xeral de Desenvolvemento Rural, aglutinan a unha base social moi ampla. No caso da provincia de Pontevedra son seis os Grupos que se configuraron, entre eles, o Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés 21, a Asociación Pontevedra-Morrazo e o Grupo Ulla-Umia-Lérez. A través do convenio asinado coa consellería de Medio Rural, os seis colectivos recibirán máis de 31 millóns de euros para poñer en marcha os seus proxectos. Unha cifra que podería chegar ós cen millóns de cara ó final do programa.
Segundo Suárez Canal, preto de 550.000 pontevedreses se beneficiarán desta subvención. A partir de agora, co convenio xa asinado, os grupos poderán solicitar un anticipo do 50 por cento da anualidade do 2009 para a posta en marcha dos seus proxectos.
Redacción Salnés










