O derbi entre Arousa e Céltiga acapara a atención na Terceira

derbi250_300109.jpgVILAGARCÍA> Arousa e Céltiga mídense na Lomba nun partido no que os vilagarciáns precisan a victoria para saír dos postos de descenso e os da Illa para engancharse co grupo de cabeza.

{flowplayer}images/salnes/derbi_300109.flv{/flowplayer} 

Un derbi que chega nun bo momento. O Arousa ten que empezar canto antes a carburar para escapar dos postos de descenso; o Céltiga, que suma nove puntos máis, está inmerso nese nutrido grupo de equipos que loitan pola cuarta praza que dá dereito a xogar a fase de ascenso, despois de ver como Compos, Montañeros e Ourense se desmarcan. Precisamente diso quérese desmarcar Josiño Abalde, que lle quita presión ós seus xogadores e repite a mesma consigna: "o obxectivo é salvarse".

A permanencia sí que é o obxectivo real este ano dun Arousa que víu esta semana como se lle diagnosticaba unha tuberculose ó seu capitán. Fernando perderase o que resta de temporada por esta enfermidade; o resto do plantel e corpo técnico pasará o luns unha revisión médica para comprobar se eles tamén están contaxiados polo virus.

Se botamos unha ollada á historia dos derbis na Lomba, Arousa e Céltiga tan só se enfrontaron cinco veces na Terceira, con balance igualado. Un empate e dúas victorias para cada un. Neste, os técnicos tamén pensan que calquera cousa pode pasar.

Tanto Abalde como Laxes respetan moito ó rival. O técnico do Céltiga pensa que a clave estará no mediocampo e en saber frear a homes como Hugo ou Padín. Laxes, quere que o seu equipo acade solidez defensiva.

Ademais da consabida baixa de Fernando, tampouco estarán no Arousa para este partido nin Miguel, cunha distensión, nin Roberto. Laxes sí poderá contar coa nova fichaxe, Marcos Baldomero.

No Céltiga, Albert continúa lesionado e podería perderse o resto da temporada. Tampouco estará Taja, mentres que Cobas aínda se está a recuperar dunha rotura de fibras polo que é seria dúbida.

Redacción Salnés