Xuven e Extrugasa buscan a segunda victoria da temporada

SALNÉS> O Extrugasa afronta a terceira xornada de liga. As vilagarciáns visitan a dificil cancha da Seu D’Urgel en busca da segunda victoria da temporada. Tamén xoga mañá o Establecimientos Otero que recibe na casa ó Carballo Basket.

O calendario do Extrugasa neste inicio ligueiro non é favorable. Recibirá ós ogros na casa e visitará canchas complicadas como a de mañá, o Municipal D’Esports da Seu D’Urgel. Un equipo que como o vilagarcián suma ata o de agora unha victoria e unha derrota.

As ilerdenses deixaron moi boas sensacións na súa estrea na casa onde gañaron con comodidade a Hondarribia, sen embargo o mércores caeron con estrépito na pista do Mann Filter Zaragoza, polo que o seu rendemento ante o Extrugasa é, ata certo punto, unha incógnita.

No seu plantel destacan xogadoras de renome como Francielle Aparecida ou Atou Traore, incluso a dunha vella coñecida da afección de Fontecarmoa, a pivot brasileira Katia Da Silva.

No bando do Extrugasa, Tito Díaz poderá contar con tódalas súas xogadoras. O obxectivo é recuperarse tanto física como animicamente da derrota ante o Ros Casares e tentar levarse un triunfo que daría moita tranquilidade antes de recibir ó líder Rivas Ecópolis. 

Na Liga EBA o Xuven retoma a competición recibindo no Pombal ó Carballo Basket. Os cambadeses esquenceron xa a derrota ante o Ourense e buscarán o seu segundo triunfo na casa ante un conxunto que este ano reforzouse con xogadores importantes, pero que non posee moita profundidade de banquiño.

Diego Doval poderá contar con tódolos seus homes unha vez recuperados das súas lesións Lucas Vaquero e Marc Martret.

Redacción Salnés