Unha veciña denuncia ó Concello polas inundacións da súa rúa

    denuncia_vecina_vilanova100.jpgVILANOVA> Unha veciña de Vilanova ven de denunciar ao Concello polas continuas inundacións que se producen á porta da súa casa, cada vez que chove.

    {flowplayer}images/salnes/denuncia_vecina_vilanova.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> Unha veciña de Vilanova ven de denunciar ao Concello polas continuas inundacións que se producen á porta da súa casa, cada vez que chove.

    Germana García vén sufrindo esta situación dende hai máis de catro anos na súa vivenda, situada na zona do Cabo, no concello de Vilanova. A construción de dous edificios ao carón da súa casa fixo que se taparan os sumidoiros da recollida de augas pluviais. Ao non ter saída, as augas quedan encharcadas á porta da súa vivenda e impiden o acceso.

    Esta situación é unha constante que Germana sofre case tódolos días nas estacións máis chuviosas. A auga causa danos na vivenda, que esta veciña ten que custear pola súa conta. Os problemas de humidade no interior da edificación son constantes, debido a que a auga se filtra a través da pedra. Amais a porta de entrada tivo que ser cambiada, fai pouco, despois de que a anterior se podrecera polo continuo contacto coa auga. O paso de vehículos pola zona é outro problema engadido. Os coches salpican inxentes cantidades de auga que rebotan contra as paredes desta vivenda, día tras día.

    Germana García denunciou ao concello ante os tribunais coa fin de que a institución local execute as obras necesarias para evitar estas inundacións. A afectada considera que o alcalde da localidade é responsable de garantir o bo estado das rúas ao igual que ela se responsabiliza de coidar esta vivenda, que conta con máis de 100 anos e que está catalogada polo seu alto valor patrimonial.

    Redacción Salnés