Preséntase un concurso de ideas para reurbanizar Monteporreiro

    taboas_100.jpgPONTEVEDRA> O barrio pontevedrés de Monteporreiro comezará a ser reurbanizado dentro desta anualidade.

    Esta tarde a conselleira de Vivenda e Solo, Tareixa Táboas presentou nesta mesma localidade un concurso de ideas para redactar o proxecto da actuación. Co mesmo pretendese recoller distintas posibilidades de actuación para unha superficie total de 400.000 metros cadrados,situados entre o río Lérez e as rúas Portugal, Dinamarca e Alemania.

    Neste espazo acometeranse varias seguintes actuacións por valor de seis millóns de euros, para a creación de areas de lecer e de interrelación dos veciños. Ademais este concurso de ideas que se ven de convocar, buscará propostas para o deseño dunha nova sección viaria, que resolva a distribución do tráfico rodado e peonil e o espazo destinado á estacionamento de vehículos, así como unha solución para melloras as conexións entre este barrio e a cidade de Pontevedra. Esta última actuación de creación dunha senda fluvial será, poren, acometida por outras administracións.

    O departamento autonómico tivo en conta en todo momento a opinión dos veciños, tanto á hora de redactar as bases deste concurso, como á hora de fixar a composición do xurado da adxudicación do mesmo; no que estarán presentes con opción a voto, representantes da Asociación veciñal local O Mirador.

    Redacción Salnés