O Concello propón unha zona de ocio e parque infantil en Rubiáns

    infoosouto100.jpgVILAGARCÍA> O Concello pretende crear no Campo do Souto de Rubiáns unha zona de ocio, con árbores, parque infantil e mobiliario urbano, amais dunha área de aparcamento.

    infoosouto300.jpgVILAGARCÍA> A alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, o edíl de Xestión do Territorio, Marcelino Abuín, e mailo de Obras, Manuel Rodríguez Cuervo, reuníronse o venres pola noite no Concello cos representantes veciñais de Rubiáns.

    Entre todos analizaron o proxecto para remodelar o Campo do Souto. O goberno local amosoulles o anteproxecto deseñado polos servizos técnicos municipais. Esta foi a primeira dunha serie de conversas que manterán Concello e veciños para acadar o mellor proxecto, coa idea de iniciar as obras este mesmo ano.

    A proposta inicial é crear unha zona de ocio como lugar de encontro veciñal, xusto diante do actual centro sociocultural. Ó lado iría un parque infantil, todo con mobiliario urbano. Xusto fronte á zona de ocio habilitarase unha área de aparcamento, de máis de vinte prazas, con espazo suficiente para que poidan estacionar os camións das orquestras.

    A directiva da asociación de Rubiáns presentará este anteproxecto ós veciños e volverá a reunirse esta semana co goberno municipal.

    Redacción Salnés