Ravella crea un comité de praias para recuperar a bandeira azul

    rosa_abuin_100_300109.jpg VILAGARCÍA> O órgano municipal intentará que o areal de Compostela recupere este distintivo.

    {flowplayer}images/salnes/pleno_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    A concelleira de Promoción Económica, Rosa Abuín, anunciou que se creará un comité de praias para mellorar os areais e o seu entorno. Segundo indicou, este órgano municipal estará composto polos departamentos de Turismo, Limpeza e Medio Ambiente. Será o que se encargue de canalizar proxectos como o do Balneario, a recuperación da bandeira azul para a Compostela, ou a rexeneración do parque da praia. Así o dixo na súa comparecencia no pleno de onte á noite, na que fixo balance da súa xestión.

    Na área de comercio, a edil explicou que están a estudar cos praceiros novos proxectos para a remodelación da praza de abastos. Tamén falou da colaboración con Zona Aberta. Polo que se refire a Fexdega, a edil recordou o seu traballo como xerente en funcións e respondeu ás críticas vertidas polo PP.

    No eido turístico, Abuín destacou a posta en marcha de rutas marisqueiras e de sendeirismo, o apoio ó Festival do Norte e a consolidación de festas gastronómicas, entre outras iniciativas. Na área de industria, Abuín falou do estudo de campo que fixeron para coñecer as carencias das áreas industriais e da instalación de banda ancha no polígono de Bamio.

    Redacción Salnés