A POBRA> A Pobra vén de renovar o convenio de colaboración con Boiro e Ribeira para a xestión compartida do servizo de atención temperá do CAD. A vixencia do acordo será agora por un período de catro anos.
O executivo pobrense informou da prórroga do convenio de colaboración que vén de asinar cos concellos de Ribeira e Boiro que permitirá continuar coa xestión compartida no servizo de atención temperá que se presta dende o CAD.
Neste último ano a concellaría dos Servizos Sociais reforzou o servizo coa contratación dunha nova logopeda, que se sumou ás dúas xa existentes, e o resto do persoal do centro, no que se inclúen tamén unha pedagoga, con funcións de coordinación do servizo, unha psicóloga e unha animadora sociocultural.
A vixencia do convenio será por un período de catro anos.