Falece un mozo ó espetar o seu coche co faro de Corrubedo

    accidentefarocorrubedo100.jpgRIBEIRA> Tráxico inicio do novo ano no relativo ós accidentes de tráfico. O primeiro falecido nas estradas galegas rexistrábase onte, día 1, en Corrubedo.

    {flowplayer}barbanza/accidentefarocorrubedo.flv{/flowplayer}

    O 2012 non puido comezar con peor pé en materia de tráfico. Un accidente acontecido no mediodía de onte cobrouse a súa primeira vítima mortal. Un mozo de 21 anos, natural da parroquia compostelá de Arins, faleceu ó chocar o vehículo que conducía contra o faro de Corrubedo.

    Polo momento estanse a investigar as posibles causas do sinistro posto que se trata dunha recta con total visibilidade.

    O estado en que quedou o vehículo dá idea da brutalidade do choque que no momento da colisión ía a gran velocidade. 

    O accidente conta cun tráxico antecedente posto que en xullo de 2006 un mozo de Ribeira faleceu da mesma forma.

    Redacción Barbanza