Rianxo consolidará 59 postos de traballo a través do proceso de estabilización do emprego

RIANXO> O concello de Rianxo convoca 59 prazas dentro do proceso de estabilización do emprego. O obxectivo é reducir a temporalidade en beneficio, non só dos traballadores, senón da calidade dos servizos públicos que prestan.

O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar as bases para a cobertura de prazas dentro do proceso extraordinario de estabilización, co obxectivo de reducir a temporalidade na administración local. O concello de Rianxo convocará 59 prazas, 58 para persoal laboral e unha de funcionario.

Neste proceso de estabilización incluíronse as prazas de funcións estruturais cubertas con persoal funcionario interino ou laboral temporal con data anterior a un de xaneiro de 2021 logo das negociacións entre o goberno municipal e tódalas organizacións sindicais con representación na mesa de negociación.

Aprobouse tamén a creación dunha praza de funcionario para 2023 que exercerá os labores conserxe dun colexio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí