![]()
BARBANZA> A actuación obriga a cortar un carril de circulación ó tráfico en varios treitos da estrada.
{flowplayer}barbanza/obrasnoirosautovia.flv{/flowplayer}
Operarios da empresa Sacyr afánanse estes días en arranxa-los desprendementos de terras e pedras que se produciron nas últimas semanas en varios noiros da autovía do Barbanza a causa do temporal. A chuvia e o forte vento existente foron a principal causa destes derrubamentos que agora pretenden ser subsanados de cara a garanti-la seguridade do tráfico nesta estrada.
Os principais problemas déronse no concello de Dodro e tamén en varios tramos do vial entre Pobra do Caramiñal e Ribeira. Unha das solución que se barallan para evitar que se produzan este tipo de feitos nun futuro é a instalación de mallas metálicas que veñan a suxeitar mellor o terreo. Unha medida que mesmo xa foi realizada noutros treitos desta estrada, fundamentalmente aqueles máis rochosos.
Precaución ó volante
Os traballos de acondicionamento seguirán desenvolvéndose nos próximos días, polo que os condutores que circulen por esta estrada deberán extrema-las precaucións, pois poden producirse novos cortes de circulación noutros tramos.
Redacción Barbanza









