Vilagarcía pedirá máis dun millón de euros de fondos europeos para a ciclovía do paseo marítimo

VILAGARCIA> Vilagarcía quere construír o carril bici no Paseo Marítimo da cidade con achegas europeas. O Goberno local vai concorrer a unha nova convocatoria dos Fondos FEDER para levar a cabo este proxecto. Vai solicitar máis dun millón de euros para esta obra, o 80% do que custa o proxecto.

O Concello de Vilagarcía vai concorrer a unha nova convocatoria de axudas europeas para construí-lo carril bici do paseo marítimo da cidade.

Por iso, Ravella confía en que o proxecto vilagarcián acabe convencendo á Unión Europea. A idea é que a través de Fondos FEDER se poida cubri-lo 80% do custo total da obra. O goberno local estima que as ciclovías polo borde litoral teñen un custo que roldan 1.300.000 euros.

Para a construción do carril bici do Paseo Marítimo, o Concello dispón xa dende hai meses do anteproxecto. A ciclovía erá unha lonxitude de máis de 1.200 metros e 3 de ancho. Partirá da zona do Ramal, conectando co treito de carril que na actualidade remata alí. Chegará despois ata o espigón da Rúa San Andres.

Esta ciclovía unirase ós outros carrís bicis que o concello quere implementar na rede viaria urbana.

A tramitación desta subvención será abordada mañá en Xunta de Goberno.