![]()
CAMBADOS> A treboada desta noite fixo estragos nunha casa de Tragove, en Cambados. Un raio esnaquizou o tellado e queimou tódolos electrodomésticos da vivenda.
{flowplayer}images/salnes/RAIO_TRAGOVE.flv{/flowplayer}
CAMBADOS> Así quedou esta casa situada en Tragove, Cambados, logo de que lle caera un raio esta madrugada.
A tormenta desta noite estragou boa parte do tellado, deixando as paredes do ático colgando. No momento en que caeu o raio estaban na casa unha muller de 51 anos e máis a súa filla de 19, que afortunadamente non sufriron danos persoais. A moza, Bárbara, que non quixo facer declaracións ante a cámara, contou a Canal Rías Baixas que de madrugada as sorprendeu un enorme estoupido que incluso lle danou os oídos. O ruído tamén espertou a algúns veciños do arredor.
O raio non só deixou a casa sen tellado, nai e filla tamén quedaron sen electrodomésticos, e tódolos enchufes acabaron queimados. O impacto foi tal que incluso fixo saltar a tapa do contador á outra beira do camiño. Amais dos danos materiais, tamén sufriron a perda do seu gato. Esta mañá, albaneis e electricistas traballaban para que a vivenda volvese á normalidade.
Redacción Salnés








