O PP acusa a Zapatero de fallarlle a Vilagarcía

    mitinppvilagarcia_100.jpgVILAGARCÍA > O Partido Popular tamén se deixou ver esta fin de semana pola comarca. Onte, estiveron en Vilagarcía tanto a candidata ó congreso Ana Pastor,

    … coma o secretario xeral do PPdG, Alberto Núñez Feijoo. Nunha praza da Peixería chea de xente, o secretario xeral dos populares, Alberto Núñez Feijoo arremeteu contra a política do Estado levada a cabo por Zapatero, e tamén pola autonómica, na que resaltou ó retraso na chegada das infraestruturas, e tamén criticou iniciativas coma a das galescolas. En canto á política local, que copou boa parte do seu discurso, o seu lema foi o esquecemento de Zapatero respecto do Salnés, en especial en Vilagarcía, tralos asolamentos do 2006.

    Pola súa banda, a candidata da provincia ó Congreso, Ana Pastor, centrou o seu discurso nas carencias máis acuciantes, que segundo ela, rexistra a comarca. Entre elas a ampliación do Hospital do Salnés, a autovía a Pontevedra, ou a reforma do mercado de abastos de Vilagarcía. Pero Ana Pastor tamén criticou as políticas do goberno central e as súas repercusións no Salnés. A economía, co encarecemento de produtos básicos coma os cereais, a leite ou os ovos tamén estiveron presentes no repertorio de Ana Pastor onte.

    Pero no mitin tamén se rexistraron momentos de tensión cando varios membros da plataforma Salvemos o Tren, se manifestaron en pleno discurso da candidata. Coa boca pechada cun esparadrapo, so se valían dun cartel para facer chegarlle ó populares a súas reinvindicacións: que o novo trazado do tren de alta velocidade en Galicia, non se leve por diante as paradas dos concellos máis pequenos.

    Redacción Salnés