Álvarez-Campana inspecciona as obras de ampliación de Testal

visitaalvarez.jpgNOIA> Os traballos, que afrontan a fase final de execución, estarán rematados este primavera.

O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana visitou as obras de ampliación de pantaláns no porto de Testal en Noia. O responsable da entidade portuaria estivo acompañado do patrón maior da confraría noiesa, Santiago Cruz, o alcalde da localidade, Rafael García e o presidente do Club de remo Mar de Noia, Xan Creo.

Álvarez -Campana comprobou a boa marcha destas obras de ampliación das instalacións, iniciadas a finais do pasado ano, nas que Portos de Galicia inviste preto de setecentos mil euros. Os traballos, que afrontan a fase final de execución, estarán rematados este primavera.

{flowplayer}barbanza/campanavisitatestal.flv{/flowplayer}

Melloras club de remo

O proxecto procura a dotación de oitenta prazas máis de amarre, dado que as instalacións existentes quedaron obsoletas ante o incremento do marisqueo. Os traballos de execución consisten na demolición e retirada das ramplas de varada do porto e a ampliación das liñas de pantalán existentes. Para completar esta actuación realizarase unha dragaxe e pecharase o contorno da rampla demolida cun peirao semellante ao existente, ó que dará continuidade.

Na súa visita á zona, o presidente de Portos de Galicia anunciou tamén a próxima instalación dunha rampla flotante para o club de remo e piragüismo local. Asemade, convidou ó colectivo a presentar unha memoria de necesidades a fin de deseñar un proxecto de mellora para as súas instalacións.

Finalmente, Álvarez-Campana anunciou unha reordenación do tráfico no interior do porto e a instalación de sinalización horizontal e vertical para a mellora da seguridade.

Redacción Barbanza