Denuncian escoitas ilegais nas dependencias da policia local

escoitasilegaisnoia_100.jpgNOIA> O inspector da policia local de Noia, Manuel González presentou unha denuncia para que se investiguen unha supostas escoitas ilegais tras ter aparecido unha gravadora agochada.

Segundo se recolle no escrito de denuncia, o pasado mércores un axente da policia local atopou no canto superior da porta que dá acceso á sala de xunta un pequeno burato. No seu interior había agochada unha grabadora dixital acendida.

{flowplayer}barbanza/escoitasilegaispolicianoia.flv{/flowplayer}

Tras coñecerse os feitos, o alcalde de Noia, Rafael Guerrero e o xefe da policia local, Francisco Fernández convocan o día seguinte unha xuntanza con todos os axentes, a que, segundo di González López non lle permiten asistir.

González López cre que tanto o alcalde de Noia como o xefe da policia local son coñecedores da existencia desta gravadora. Na denuncia explica que un axente asegura ter visto ese mesmo aparato na mesa do responsable da policia minutos antes de que fora atopada.

Posibles probas

Para González López trátase dun feito moi preocupante dado que vulneran a intimidade, non só dos axentes da policia local senón de todas aquelas persoas que acudan a estas dependencias. Por tal motivo, acude a xustiza para que se investiguen os feitos e se depuren responsabilidades. Asemade, tamén pide que se entregue a gravadora no Xulgado para coñecer o contido das escoitas ilegais. Considera que nesta gravacións poderían estar as probas das supostas humillacións e vexacións ás que o someteu o actual xefe de policia local.

Pola súa banda, nen o xefe da policia local noiesa nen o alcalde da localidade quixeron facer declaración o respeto deste asunto.

Redacción Barbanza