Dous detidos en Pontecesures por intentar raptar unha nena de dez anos

    PONTECESURES> Dous detidos en Pontecesures tras intentar raptar a unha rapaza menor de idade. O suceso produciuse onte pola tarde, nunha céntrica rúa da localidade cesureña. Segundo declarou a nena de dez anos, os dous homes retivérona contra a súa vontade e ameazaron con levala. Ambos foron detidos pola Garda Civil por abuso sexual e detención ilegal en grao de tentativa.

     

    O suceso produciuse na céntrica rúa Sagasta de Pontecesures ás 7 da tarde. A nena de 10 anos, veciña de Valga, agardaba mentres seus pais tomaban algo nunha terraza próxima. Segundo a súa declaración, dous varóns abordárona, retivérona contra a súa vontade, supostamente chegaron a practicarlle tocamentos e incluso ameazaron con levala. Foi entón cando a pequena comezou a berrar pedindo axuda, o que alertou aos veciños da zona.

    Nese momento, os dous homes, que foron identificados como un veciño de Pontecesures e outro de Padrón, de 44 e 54 anos, déronse a fuga. Un deles foi detido minutos despois pola Garda Civil, despois de que se intentara refuxiar no baño dun bar da zona. O segundo implicado fuxira en bicicleta, aínda que finalmente tamén foi detido polos axentes.

    Os feitos provocaron un gran alboroto na vila.

    Dende o concello recoñecen a preocupación que xeran estes sucesos, aínda que denunciaron a falta de medios para tomar medidas excepcionais.

    Os dous homes permanecen no cuartel da Garda Civil de Valga, detidos por suposto abuso sexual e detención ilegal en grao de tentativa. Agárdase que mañá pasen a disposición xudicial, para prestar declaración nos xulgados de Caldas de Reis.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/25/intento_secuestro_pontecesures.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/25/intento_secuestro_pontecesures.mp4{/flowplayer}