O Campus Tecnolóxico de Vilanova lanza a primeira Escola de Verán para mestres de toda Galicia

VILANOVA> A realidade virtual a nivel profesional incorpórase á oferta do Campus Tecnolóxico de Vilanova de Arousa. A edición deste ano trae, ademais, outra gran novidade: a primeira escola de verán para profesores, para que melloren a súa formación en novas tecnoloxías.

Semellan cousas do futuro, pero xa están aquí. Os avances tecnolóxicos están á orde do día e, por iso, o Campus Tecnolóxico de Vilanova decidiu na edición deste ano crear unha Escola de Verán para a Formación de Profesorado de Galicia. Uns 30 docentes de primaria e secundaria afondarán no mundo das novas, a través dun convenio con Centro de Formación e Recursos do Profesorado de Pontevedra.

Esta nova aposta non é a única novidade do Campus Tecnolóxico de Vilanova. Na edición deste verán hai que engadir tamén a Realidade Virtual a nivel profesional, coa intención de crear no Salnés a Primeira Escola de Programadores Profesionais de Videoxogos en Realidade Virtual. Neste caso, o campamento estará destinado a participantes de ata 30 anos.

O Campus Tecnoloxico inclúe tamén, como xa vén sendo habitual unha ampla oferta de actividades dirixidas a nenos e nenas de 8 a 14 anos.