Rajoy aposta en Rianxo polas facilidades de crédito ás empresas

    rajoyrianxo_100_050208.jpgRIANXO> Mariano Rajoy desprazouse ata a comarca do Barbanza para participar nunha serie de actos en apoio á candidatura de Alberto Núñez Feijóo.

    O presidente dos populares realizou a primeira parada do seu percorrido polo Barbanza en Rianxo, onde foi recibido por numerosos simpatizantes da formación política así como os representantes municipais do partido.

    Mariano Rajoy pretende así amosar o seu respaldo á candidatura de Alberto Núñez Feijóo á presidencia da Xunta. E é que, segundo o líder dos populares, Galicia debe apostar polo cambio e a estabilidade que traería un novo goberno do PP fronte ós catro anos de división e conflitos que supuxo esta lexislatura, cun balance económico pésimo.

    Neste senso, Mariano Rajoy referiuse ó despilfarro do goberno bipartito e ós casos de enchufismo dos que acusa ó BNG. Pola contra, oferta ós galegos un goberno cun proxecto único orientado a conquerir o benestar dos cidadáns.

    Medidas contra a crise

    Fronte a pasividade do goberno, dende o PP propoñen unha serie de medidas económicas para afrontar a crise; entre elas, a baixada dos impostos a pymes e autónomos e outra serie de reformas estruturais.

    Pero non só a cuestión económica ocupou o dircurso de Rajoy que tamén se referiu ás malas relacións do goberno central con diversos sectores da sociedade o que, segundo o líder popular, evidencia a súa escasa capacidade de xestión.

    Apoio ás empresas

    En resposta a preguntas dos xornalistas, Mariano Rajoy referiuse á ausencia de crédito por parte das entidades financieiras que, unido ós altos índices de morosidade, constitúe o principal problema das pequenas e medianas empresas. Segundo os populares, ademais de habilitar unha liña de crédito para que os concellos poidan pagar as súas débedas ás empresas proveedoras, o goberno debería esixir un maior esforzo ás entidades bancarias para a concesión de créditos.

    Transparencia

    En canto ós supostos casos de espionaxe na comunidade de Madrid, Mariano Rajoy evitou profundizar no tema aínda que se amosou satisfeito da constitución dunha comisión no Congreso para botar luz sobre un asunto tan espinosos.

    Redacción Barbanza