POBRA> Cada día é máis habitual este tipo de ciberdelincuencia. Coñécense polo método do ‘romance scam’. E neste caso, a vítima foi unha veciña da Pobra a que lle estafaron uns 4.800 euros.
Os feitos investigados pola Garda Civil remóntanse a hai un ano aproximadamente, cando a vítima se personou no posto da Garda Civil da Pobra para presentar a correspondente denuncia.
Ó parecer fora enganada por unha persoa a que coñecera a través dunha rede social pasándose por un militar estadounidense que estaba destinado en Kabúl.
En varias ocasións, solicitoulle a entrega de diversas cantidades de diñeiro para o pago de taxas, problemas de liquidez e mesmo para mercar un billete de avión para poder vir a España a coñecela. Todo falso.
A investigación realizada polos axentes especializados neste tipo de delitos do Instituto Armado permitiu localizar en Barcelona á persoa que estaba realizando esta estafa.
Trátase dunha muller, que a través dun perfil falso, realizou o engano.
Na investigación os axentes mesmo puideron constatar tamén como chegara mesmo a comprar criptomoedas para dificultar e entorpecer a labor policial.
Está acusada dun delito de estafa.
As dilixencias realizadas pola Garda Civil xa lle foron remitidas ó Xulgado de Ribeira que é quen instrúe o caso.