RIANXO> Iniciadas as obras de saneamento no lugar da Pousada en Rianxo que darán servizo a unhas 25 vivendas. O concello aproveitará esta actuación, enmarcada no Plan de Obras e Servizos da Deputación, para dotar á aldea de rede de abastecemento de auga con fondos propios.
A empresa Mecano iniciou esta mesma as obras para dotar de rede de saneamento á aldea de Pousada, na parroquia rianxeira do Araño. A actuación, que estará rematada a finais de novembro, permitirá dar servizo a unha 25 vivendas.
Ademais desta obra, que conta cun orzamento de 200 mil euros con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación, o goberno decidiu acometer con cargo ás arcas municipais as canalizacións para que a aldea dispoña tamén de servizo de abastecemento de auga.
As actuacións complementaranse coa pavimentación interior do núcleo que levaba anos sen mellorar o firme.