Vén á Vila entrega os premios ás tres parellas gañadoras

    venavila100_060209.jpgVILAGARCÍA> A campaña de promoción do comercio de Vilagarcía Vén á Vila tivo onte o seu broche de ouro coa entrega de premios celebrada no auditorio.

    {flowplayer}images/salnes/PREMIOS_VEN_A_VILA.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A campaña de promoción do comercio de Vilagarcía Vén á Vila tivo onte o seu broche de ouro coa entrega de premios celebrada no auditorio municipal.

    A iniciativa foi promovida pola concellería de Promoción Económica, en colaboración con Caixanova e Zona Aberta e producida por Mister Misto Films. O resultado foi un concurso televisivo emitido en Canal Rías Baixas, no que tomaron parte varias parellas e onde o plató de gravación foi a vila de Vilagarcía e o pequeno comercio.

    No acto de onte estiveron tódolos concursantes que recibiron como agasallo unha reprodución do logotipo do programa. Pero as verdadeiras protagonistas foron as tres parellas gañadoras. O primeiro premio foi para Gema Salgado, da Illa, e Carmen Vázquez de Vilanova. Ambas recibiron como agasallo un vale de Zona Aberta de 300 euros, un fin de semana nun hotel de Lugo, unha sesión de deportes de risco e un circuíto de SPA en Arrullos del Agua, de Vilagarcía.

    Os vilagarciáns Alejandro Guanella e María Dolores Carro acadaron o segundo premio e gozarán dun vale de compra de 200 euros, ademais do circuíto spa, un fin de semana no Pazo Rial e un xantar no Fogón da Ría. O terceiro premio recaeu en Maruxa Chapela de Vilagarcía e Sabela Otero da Illa, que levaron un vale de 150 euros, amais dun xantar no restaurante Vilaxoán, un fin de semana no hotel Carril e un circuíto de spa.

    Redacción Salnés